Laxe estreou unha potente exposición sobre a vida e obra de Vidal

O Museo do Mar de Laxe estase enchendo de vida, gracias ás imaxes de José Vidal. O Concello de Laxe, coa axuda da Deputación está desenvolvendo un intresantísimo proxecto de recuperación do Arquivo fotográfico da familia, e así o ratifica a inauguración esta pasada fin de semana dunha nova parte da exposición, no marco do Primavera Científica e Cultural do programa Reläxese.
“José Vidal, unha vida decicada á fotografía” está formada por 75 imaxes do autor en branco e negro, a gran escala e enmarcadas, que serven para poñer en valor o traballo fotográfico deste autor, sempre moi vencellado a Laxe.
O concelleiro de turismo, Xosé Manuel Pose, acompañado polo Deputado Provincial de Turismo Xosé Regueira, explicaron os pormenores desta exposición que será visitable no Museo do Mar toda a Semana Santa de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas. De feito, a exposición estará en Laxe ata finais do verán, para logo, convertirse en itinerante dentro da REMA, a Rede de Museos Atlánticos, para seguir espallando a memoria histórica de Bergantiños e Soneira.
A cita serviu tamén para ver as lonas que xa loce o Museo coa próxima identidade do Arquivo Fográfico Vidal como Ben de Interese Cultural de Galicia, catalogación que xa está en marcha.
O acto de inauguración serviu tamén ademais para organziar un curioso taller práctico de cámara minuteira, unha experiencia cultural e sensorial única porque permite retroceder no tempo e vivir o proceso fotográfico tal e como se facía a principios do século XX.
O proxecto continúa e o venres 10 de maio ás 20.00 horas no Museo do Mar, haberá unha nova presentación pública do Arquivo Fotográfico José María Vidal Eiroa
Novas relacionadas
- Abril 19: Turismo Laxe propón unha Primavera Científica e Cultural co Fondo Vidal como protagonista.
- Setembro 2018: O Arquivo Vidal dá pasos para a súa declaración como Ben de Interese Cultural.
- Agosto 18: O libro fotográfico de Vidal desborda ilusión.
- “A historia da Costa da Morte do século XX resultaría moi difícil de escribir sen consultar a obra de Ramón Caamaño e José Vidal”.