Martes. 19.03.2024
El tiempo

O DOG publica a catalogación do Arquivo Vidal como BIC

Jose Maria Vidal e Placido Vidal-Museos de Galicia
O DOG publica a catalogación do Arquivo Vidal como BIC

O pasado mes de xullo confirmábase que Arquivo Vidal xa era Ben de Interese Cultural. Feito rubricado hoxe coa publicación no DOG da catalogación.

O tesouro patrimonial, custodiado no Museo do Mar de Laxe ve recoñecido este título “pola súa relevancia histórica, artística e documental”. Son 43.475 fotografías en soporte plástico, 5886 fotografías en vidro e 10.306 en papel, o que supón un total de 59.667 unidades fotográficas feitas por Plácido Vidal Díaz e José María Vidal García (pai e fillo) sobre a vida das comarcas de Soneira e Bergantiños dende finais do século XIX ata os anos 70 do pasado século.

Implicacións técnicas

O decreto implica a súa máxima salvagarda e tutela, polo que a súa utilización quedará subordinada a que non se poñan en perigo os valores que aconsellan a súa protección. Neste sentido, permitirase o acceso ao persoal habilitado para a función inspectora, ao persoal investigador acreditado pola Administración e ao persoal técnico designado pola Administración autonómica para a realización dos informes necesarios para a súa conservación. Así mesmo, establecerase un réxime de visita para o público de, polo menos, catro días ao mes.

Novas relacionadas

Máis novas

Comentarios