Sábado. 03.12.2022
El tiempo

A Xunta presentou en Laxe, 20 anos despois, o Plan de Continxencia por Contaminación Mariña Accidental

Laxe. A Coruña
O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e a conselleira do Mar, Rosa Quintana, asisten ao simulacro de loita contra a contaminación mariña no que participarán distintos medios autonómicos no marco do Plan Territorial de Continxencias por Contaminación Mariña Accidental de Galicia (Plan Camgal).
11/11/2022
Foto: Moncho Fuentes/AGN A Coruña
Laxe. A Coruña O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e a conselleira do Mar, Rosa Quintana, asisten ao simulacro de loita contra a contaminación mariña no que participarán distintos medios autonómicos no marco do Plan Territorial de Continxencias por Contaminación Mariña Accidental de Galicia (Plan Camgal). 11/11/2022 Foto: Moncho Fuentes/AGN A Coruña
A Xunta presentou en Laxe, 20 anos despois, o Plan de Continxencia por Contaminación Mariña Accidental

Pasaron 20 anos dende a catástrofe do Prestige para que Xunta presentase o Plan Territorial de Continxencias por Contaminación Mariña Accidental de Galicia (Plan CAMGAL), “un instrumento que permite á Xunta de Galicia poñer en marcha un protocolo de actuación ante hipotéticos episodios de contaminación mariña accidental”.

Facíao en Laxe, co apoio do goberno popular, cun exercicio baseado nunha hipotética colisión dun pesqueiro cun buque químico que se dirixía á Coruña, a 15 millas da vila de Laxe, e tras a cal se producía unha perda de combustible.
O Plan dispón de diversos elementos de actuación como barreiras de arrastre para a limpeza do hidrocarburo flotante así como de contención para desviar unha posible mancha de carburante e evitar, deste xeito, unha posible entrada na zona portuaria.

Tamén se mostrou como se activaría a colaboración coa Axencia Galega de Emerxencias para facilitar os traballos de coordinación e o modo no que se usarían os medios aéreos tecnolóxicos, como os drons, para facer un seguimento do suceso dende o aire.

comentarios