Domingo. 03.11.2024
El tiempo

1 millón de euros para o saneamento de Beo

Conselleira de Infraestruturas co grupo de goberno de Malpica
Visita institucional no porto de Malpica
1 millón de euros para o saneamento de Beo

Visitaba onte a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, o porto de Malpica. Unha visita para remarcar os 6,1 millóns de euros que a Xunta investirá no 2025 na Costa da Morte en materia de augas. Obras que permiten seguir "avanzando cara a un uso eficiente da auga e a reducir a pegada hídrica na comunidade mediante investimentos nas redes de saneamento, depuración e abastecemento así como no apoio aos concellos". 

Unha das actuacións será a mellora do saneamento no lugar de Beo, no Concello de Malpica, levando a cabo unha necesidade que xa trasladara o grupo municipal.
Así, a previsión é licitar no primeiro semestre de 2025 as obras deste proxecto, que conta cun orzamento inicial estimado de 1 millón de euros. A iniciativa inclúe a instalación de colectores de saneamento e a construción dunha nova estación depuradora de augas residuais así como a renovación das redes pluviais e os pavimentos das rúas e camiños da contorna.

Conselleira de Infraestruturas co grupo de goberno de Malpica 2


 

Comentarios