Venres. 10.04.2020
El tiempo

2.000 tapas vendidas para superar todas as expectativas do Malpica Sabe a Mar

2.000 tapas vendidas para superar todas as expectativas do Malpica Sabe a Mar
Malpica sabe a mar 3 Cando dicimos que as citas gastronómicas teñen un éxito asegurado na Costa da Morte é por algo. A última proba, a de Malpica Sabe a Mar, ruta de tapas organizada pola Concellería de Promoción Económica coa colaboración da Concellería de Cultura e Turismo, e subvencionada pola Deputación da Coruña, que rompía todas as marcas e deixaba aos hostaleiros encantados. Máis de 2.000 tapas vendidas, con moitos dos establecimentos agotando existencias, dan conta do éxito. “Non agardábamos tanta xente”, manifestaron varios dos participantes. Malpica sabe a mar 2

Fundindo pesca, olería e gastronomía para o ben da hostalería

Unha das características de Malpica Sabe a Mar é que todas as tapas están elaboradas con produtos pesqueiros ou marisqueiros da zona. A oferta é ampla, variada, nutritiva e barata, xa que as tapas custan 1,5 €. O bar Ibarra ofreceu onte Polbo á grella con grelos do Ceán; o Humboldt, Caldeirada de polbo típica de Malpica; a Taberna de Lesto, Mexillóns da illa en escabeche nordesía; O Burato, Salpicón de polbo; Larada Bar, Polbo con patacas fritidas; Restaurante San Francisco, Chopo en tinta con arroz en branco; Area Chill Out, Roliños vietnamitas cun toque malpicán, e o JB, Fabas con sabor a mar. Outra das particularidades da iniciativa é que as tapas servíronse en pratos artesanais de Olería de Buño. De feito, o público louvou as camisetas e os pratos de Olería de Buño, e mesmo houbo varias persoas que se interesaron pola posibilidade de mercalos. Ademais das tapas, tamén tiveron moi boa acollida as actuacións musicais. O venres era o tempo do grupo de gaiteiros Malante, e na sesión vermú do domingo, as tapas estiveron acompañadas polo centenario Real Coro Toxos e Froles de Ferrol. Malpica sabe a mar 4 Equipo do Familia Sabe a Mar

Fonte

comentarios