mércores. 30.04.2025
El tiempo

Bergantiños rompe barreiras no Desfile Agarimo e sitúase como a capital da moda galega

Jacqueline Mallo
Jacqueline Mallo é a organizadora do evento
Bergantiños rompe barreiras no Desfile Agarimo e sitúase como a capital da moda galega

O vindeiro sábado 24 de maio, a Finca Aldeola, en Cerqueda, Malpica, acollerá a partir das 18:30h unha cita de moda. O Desfile Agarimo chega a Bergantiños para poñer en valor o traballo de marcas, empresas e deseñadores da zona de Bergantiños co lema “Rompendo cos estereotipos”.

A iniciativa nace de Jacqueline Mallo, representante da Coruña e Galicia a nivel nacional no mundo miss, e gañadora de títulos como é “O mellor proxecto social de España“, que reflexioa sobre a importancia da saúde mental nos nenos.

Mallo ten dous obxectivos. Por un lado, a parte social de romper coas barreiras da moda (nos desfiles participan mulleres de todas as idades, estaturas, tallas…). De feito, pola mañá as modelos gozarán dunha sesión de coaching, clases de pasarela e sesións de fotos oficiais e pola tarde terá lugar o desfile aberto ao público ao que poden asistir familiares amigos e todo as aquelas persoas que lles encante a moda.

Pero o desfile nace tamén para demostrar que o talento galego tamén é único, e situar á comarca na vangarda do deseño.

Desfile Aldeola

A xornada será completa, a ademais dos 6 pases de diferentes deseñadores, haberá actuacións musicais e de baile, de sorteos, así como picoteos doces e salgados (todo iso grazas aos patrocinadores).

Mallo agradece a colaboración de todo o seu equipo (fotógrafos, maquilladoras, perruqueiras, empresas de decoración de eventos, videógrafos, empresas da industria alimenticia, empresas do sector de automoción, empresas de papelería, o propio restaurante que cede as súas instalacións, etc… Só falta que a xornada sexa un éxito.

Máis novas

Comentarios