2.000 tapas vendidas para superar todas as expectativas do Malpica Sabe a Mar

08:43 05/09/16


Fundindo pesca, olería e gastronomía para o ben da hostalería
Unha das características de Malpica Sabe a Mar é que todas as tapas están elaboradas con produtos pesqueiros ou marisqueiros da zona. A oferta é ampla, variada, nutritiva e barata, xa que as tapas custan 1,5 €. O bar Ibarra ofreceu onte Polbo á grella con grelos do Ceán; o Humboldt, Caldeirada de polbo típica de Malpica; a Taberna de Lesto, Mexillóns da illa en escabeche nordesía; O Burato, Salpicón de polbo; Larada Bar, Polbo con patacas fritidas; Restaurante San Francisco, Chopo en tinta con arroz en branco; Area Chill Out, Roliños vietnamitas cun toque malpicán, e o JB, Fabas con sabor a mar. Outra das particularidades da iniciativa é que as tapas servíronse en pratos artesanais de Olería de Buño. De feito, o público louvou as camisetas e os pratos de Olería de Buño, e mesmo houbo varias persoas que se interesaron pola posibilidade de mercalos. Ademais das tapas, tamén tiveron moi boa acollida as actuacións musicais. O venres era o tempo do grupo de gaiteiros Malante, e na sesión vermú do domingo, as tapas estiveron acompañadas polo centenario Real Coro Toxos e Froles de Ferrol.

Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
- Concello de Malpica