Xoves. 28.03.2024
El tiempo

9 medallas para os voluntarios de Protección Civil de Malpica

25 anos de Adrian Verdes en Proteccion Civil de Malpica 2
Adrián Verdes, no centro, xa recibiu un detalle do Concello o ano pasado polos seus 25 anos de dedicación
9 medallas para os voluntarios de Protección Civil de Malpica

A agrupación de voluntarios de Protección Civil de Malpica recibirá nove condecoracións concedidas pola Asociación Nacional de Voluntarios de Protección Civil. Ditos recoñecementos serán serán entregadas o vindeiro 7 de maio, nun acto que se celebrará na Academia Galega de Seguridade Pública, na Estrada.

Serán recoñecidos con medallas de Mérito e Recoñecemento á Antigüidade e a Constancia nas categorías de Bronce, Prata e Ouro. A Asociación Nacional Nacional de Agrupacións de Voluntarios Protección Civil (ANAV) concede estes galardóns como recoñecemento e agradecemento público polas accións, dedicación e apoio dos voluntarios, agrupacións, servizos, entidades e administracións públicas e privadas e empresas e corpos relativos á seguridade, emerxencias e a Defensa Nacional.

Na categoría de Bronce con distintivo branco será recoñecido David Varela Abelenda; e con distintivo laranxa Carlos Antonio Formoso Canto e Marco Antonio Ures García.

Na categoría de Prata con distintivo vermello a medalla será entregada a Eduardo Rubén Díaz García e Iván Lema Botana.

Na categoría de Ouro recibirán medallas distintintivas Emilio Sayans Bonachera, Daniel Vázquez Añón, José Antonio Alfeirán Regueira e Adrián Verdes Suárez.

Comentarios