A Confraría de Malpica pon en marcha varios cursos formativos necesarios para traballar no sector

05:08 25/01/19
Pon en marcha a Confraría de Malpica uns cursos formativos, necesarios para poder traballar no sector pesqueiro. Quedan prazas pendentes polo que poden contactar no 881 982 720 ou en cofradia@cofradiamalpica.org.
1- Formación Básica en Seguridade. 04/02/19-18/02/19.
2- Actualización de Formación Básica en Seguridade. 09/02/19-10/02/19.
3- Mariñeiro Pescador. 11/02/19-22/02/19.
4- Formación Básica en Seguridade.22/04/19-06/05/19.
5- GMDSS restrinxido. 27/05/19-06/06/19.