![oleria buno]()
Durante esta fin de semana continúa a XXXV Mostra da Olería de Buño coas casetas abertas e unha boa variedade de actividades paralelas
O deputado de promoción económica e emprego, José Luis García, e o alcalde de Malpica Bergantiños, Eduardo Parga Veiga, asinaron onte un convenio de colaboración para financiar cunha achega de 80.000 euros o proxecto Mostra da Olería de Buño.
Esta achega supón o
80% do orzamento total do evento, incluíndo os gastos en publicidade, material gráfico, alugueiro das carpas, dos espazos expositivos, e das actividades como eventos, animación ou actuacións, ademais dos gastos de persoal para a organización do encontro.
Con esta colaboración, a Deputación da Coruña amosa o seu apoio a esta
XXXV Mostra da Olería de Buño e impulsa este evento, ademais de coma un recurso cultural e turístico, como unha actividade rendible de futuro que repercute favorablemente como medio de desenvolvemento económico, social e xerador de emprego e riqueza non só a nivel local, senón tamén na provincia.
Programación
A Mostra da Olería de Buño, que cumpre a súa trixésimo quinta edición, que remata mañá, e está a desenvolver actividades coma roteiros turísticos, actuacións musicais, obradoiros e a mostra dos distintos tipos de artesanía tradicional da zona.
Sábado, 28 de xullo
- Tren turístico MOB: Malpica-Buño (12-14 e 17-21)
- Ruta dos fornos guiada (17:30 a 20:00)
- Queimada tradicional (21:30) con Galifunk, Fanfarria Taquikardia e Sesióndj LaSincereza
Domingo, 29 de xullo
- Tren turístico MOB: Malpica-Buño (12-14 e 17-21)
- 13:30 horas: Sesión vermú + Trópico de Grelos
- 19:00 horas: Actuación da A.C. Xacarandaina
- 20:30 horas: Clausura da MOB18
https://quepasanacosta.gal/a-xxxv-mostra-da-oleria-de-buno-abre-as-suas-portas/
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)