Mércores. 06.07.2022
El tiempo

A por un Camiño dos Faros para todos

A por un Camiño dos Faros para todos
O domingo comeza en Malpica a sexta edición do Camiño dos Faros. Imaxe: Eduardo Verdes O domingo comeza en Malpica a sexta edición do Camiño dos Faros. Imaxe: Eduardo Verdes A punto de arrancar a sexta edición do Camiño dos Faros, os trasnos reúnense esta tarde coa federación de ANPAs da Costa da Morte e coa confederación de ANPAS Galegas co fin de organizar uns roteiros abertos a todos os públicos cuns percorridos pensados para persoas, de calquera idade, con distintas necesidades específicas ou mobilidade reducida. A xuntanza, que terá lugar ás 20 horas no pazo da Cultura de Carballo, está aberta a todos os colectivos de diversidade funcional ou necesidades específicas. Eses roteiros serían nas pre-etapas dos sábados, cada 15 días, do mesmo xeito que as etapas dos domingos do "camiño dos faros" pero realizalo nos tramos axeitados. Sexta edición O vindeiro sábado, 19 de marzo, arranca a sexta edición do Camiño dos Faros que aspira a ser homologado como ruta de Gran Recorrido. A pre-etapa terá lugar en Malpica a partir das 18 horas onde se desenvolverán unha serie de actividades complementarias ao roteiro que se realizará o domingo entre Malpica e Niñós. O obxectivo das pre-etapas é desfrutar das vilas polas que discorre o Camiño e darlle a coñecer estes lugares á xente de fóra da Costa da Morte. O programa deste sábado comezará ás 18 horas cunha charla coas redeiras de Malpica que terá lugar na nave situada á dereita do porto. A continuación, realizarase un paseo polo Porto malpicán de man dos mariñeiros da vila que falarán sobre as diferentes artes de pesca e da importancia da pesca de baixura en Malpica e na Costa da Morte. Unha hora máis tarde, ás 20 horas, Adrián Abella guiará un paseo polo barrio da Ataila no que narrará historias da Malpica máis antiga. Os participantes terán tempo para repoñer forzas cunha boa oferta de viños e pinchos polos locais da vila. A sesión remata cun concerto da Traskiband no pub Brebaxe. Xa o domingo, os trasnos xuntaránse pola mañá no porto de Malpica co fin de iniciar a primeira das etapas que discorre ata Niñóns.  

Novas sobre o Camiño dos Faros

Fonte

comentarios