A por un Camiño dos Faros para todos
08:08 15/03/16
O domingo comeza en Malpica a sexta edición do Camiño dos Faros. Imaxe: Eduardo Verdes
A punto de arrancar a sexta edición do Camiño dos Faros, os trasnos reúnense esta tarde coa federación de ANPAs da Costa da Morte e coa confederación de ANPAS Galegas co fin de organizar uns roteiros abertos a todos os públicos cuns percorridos pensados para persoas, de calquera idade, con distintas necesidades específicas ou mobilidade reducida.
A xuntanza, que terá lugar ás 20 horas no pazo da Cultura de Carballo, está aberta a todos os colectivos de diversidade funcional ou necesidades específicas.
Eses roteiros serían nas pre-etapas dos sábados, cada 15 días, do mesmo xeito que as etapas dos domingos do "camiño dos faros" pero realizalo nos tramos axeitados.
Sexta edición
O vindeiro sábado, 19 de marzo, arranca a sexta edición do Camiño dos Faros que aspira a ser homologado como ruta de Gran Recorrido. A pre-etapa terá lugar en Malpica a partir das 18 horas onde se desenvolverán unha serie de actividades complementarias ao roteiro que se realizará o domingo entre Malpica e Niñós.
O obxectivo das pre-etapas é desfrutar das vilas polas que discorre o Camiño e darlle a coñecer estes lugares á xente de fóra da Costa da Morte. O programa deste sábado comezará ás 18 horas cunha charla coas redeiras de Malpica que terá lugar na nave situada á dereita do porto. A continuación, realizarase un paseo polo Porto malpicán de man dos mariñeiros da vila que falarán sobre as diferentes artes de pesca e da importancia da pesca de baixura en Malpica e na Costa da Morte. Unha hora máis tarde, ás 20 horas, Adrián Abella guiará un paseo polo barrio da Ataila no que narrará historias da Malpica máis antiga. Os participantes terán tempo para repoñer forzas cunha boa oferta de viños e pinchos polos locais da vila. A sesión remata cun concerto da Traskiband no pub Brebaxe.
Xa o domingo, os trasnos xuntaránse pola mañá no porto de Malpica co fin de iniciar a primeira das etapas que discorre ata Niñóns.
Novas sobre o Camiño dos Faros
- Os pioneiros trans@s mapean o Camiño dos Faros coa tecnoloxía de Google
- O Camiño dos Faros volve á TVE con Edu Soto.
- Os alcaldes únense á loita pola homologación do Camiño dos Faros como Sendeiro GR.
- Os trasnos invaden a TVE de Faro en Faro.
- Turgalicia escolle o Camiño dos Faros para o anuncio de outono.
- A TVE xa é trasna.
- Os trasn@s cabalgan sós.
- O Camiño dos Faros afía o seu proxecto como ruta de Gran Recorrido.
- O Camiño dos Faros como ruta de integración para a diversidade funcional.
- Un milleiro de trasn@s toman de novo o Camiño dos Faros
- O Camiño dos Faros volve máis forte que nunca ca 5ª edición.
- O Ultratrail Camiño dos Faros xa ten data para 2015.
- Medran os adheridos para que o Camiño dos Faros sexa unha Ruta de Gran Percorrido.
- A Costa da Morte aposta unida por un Camiño dos Faros Ruta de Gran Percorrido.
- Por un futuro cheo de vida no Camiño dos Faros.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Anpas Costa da Morte