Mércores. 09.10.2024
El tiempo

A Romaría de Santo Hadrián e a Olería de Buño ensalzan Malpica na Festur

A Romaría de Santo Hadrián e a Olería de Buño ensalzan Malpica na Festur
Posto do Concello de Malpica no Festur Posto do Concello de Malpica no Festur

Dous protagonistas de excepción leva o Concello de Malpica á Festur, as Feira de Festas de Interese Turístico de Galicia. A Romaría de Santo Hadrián e a Mostra da Olería de Buño, ambas catalogadas con eses distintivos, estarán moi presentes esta fin de semana en Silleda, no marco da 40ª Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia.

A partir de hoxe e durante a fin de semana, ademais do persoal de información, no stand de Malpica haberá demostracións a cargo do oleiro José Antonio Corral.

O Concello de Malpica volve a apostar por segundo ano consecutivo pola difusión dos aspectos máis tradicionais da popular e concorrida Romaría de Santo Hadrián, que terá lugar o vindeiro domingo 18, cun programa que tamén se fará público en breve.

Fonte

  • Concello de Malpica.

Comentarios