Venres. 19.04.2024
El tiempo

Aberto o xuízo oral por presunto delito urbanístico ao alcalde e ex alcalde de Malpica

Aberto o xuízo oral por presunto delito urbanístico ao alcalde e ex alcalde de Malpica
Varela Rey e Eduardo Parga ex e alcalde de Malpica O ex alcalde de Malpica Xosé Ramón Varela Rey e o actual alcalde, Eduardo Parga

Vén de lonxe o caso da Atalaia. A recalificación dun terrible bloque de edificios na Atalaia aló polo 2003 provocara a imputación do ex alcalde malpicán Xosé Ramón Varela Rey (PSOE) e posteriormente a dos naquel entón concelleiros, Eduardo Parga (actual alcalde do PP), Antonio Pereira, coñecido como “O Rulo” (edil naquel tempo do PSOE e agora cos Independientes), ademais da ex secretaria e un dos técnicos municipais e o edil xa falecido José Manuel Vila Pérez.

O caso volve hoxe á palestra pois o Xulgado de Carballo abre o xuízo oral por presunto delito urbanístico. O fiscal pide 1 ano de cárcere e 8 de inhabilitación para cargo público, e teñen unha “fianza conxunta de 650.000€. Aínda falta concretar as datas das declaracións, pero os acusados esperan que non haia nada punible nun edificio que, a día de hoxe, está baleiro, esperando para ver se ñe ou non legal

”Para nós, está ben dada a licencia, porque ten todos os informes favorables de aparellador e Secretaria. Aquí o problema é o cambio de uso na recalificación que se realizou en xaneiro 2003, e eu aínda nin estaba metido na política, que entrei en maio”, deféndese o actual alcalde Eduardo Parga. “Se hai un fallo administrativo dende 2003, nós non tiñamos constancia. Cando dimos a licencia, en 2006, que aí si que eu estaba como concelleiro, nós non tiñamos contancia de que faltase nada, tiñamos todos os informes, e mesmo a recalificación estivo a exposición pública e non houbo reclamacións”, argumenta.

E vai máis alá. Se hai unha recalificación, “é normal que veña un promotor e que pida licencia para construir, e nós temos que dar a licencia, se todos os informes son favorables, se non estaríamos prevaricando. O edificio cumplía todos os requisitos, e onde está ese xa hai outros edificios parecidos, non tan grandes, pero hai edificios altos”.

”Estamos metidos en algo nin comelo sen bebelo. Eu espero, que pola nosa parte non teñamos nada que dirimir”, asegura Parga.

 

Novas relacionadas

Fonte

  • La Opinion.
  • Comentarios