venres. 16.01.2026
El tiempo

Arrinca, o novo programa de axudas do GALP, cunha charla informativa en Buño

galp
Arrinca, o novo programa de axudas do GALP, cunha charla informativa en Buño

Este martes, 20 de xaneiro ás 17:00h, o CAT - Centro de Artesanía e Tradición de Buño acolle unha nova xornada Informativa da convocatoria 2026 para proxectos ao abeiro das EDLP, aprobadas aos GALP no marco do FEMPA 2021-2027.

I é que a Consellería do Mar, ten previsto publicar, sobre mediados do mes de xaneiro, a Orde de Axudas da convocatoria 2026 para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) no marco do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura 2021-2027.

Poden confirmar Asistencia á xornada en galp.mar.costadamorte@xunta.gal ou 981707378.

Comentarios