Martes. 10.09.2024
El tiempo

As 8 parroquias de Malpica terán un mellor alumeado público

As 8 parroquias de Malpica terán un mellor alumeado público
Renovados os cadros electricos en Malpica Os cadros eléctricos xa foron renovados

O asunto do alumeado público é algo que preocupa sempre ao Concello de Malpica, e este ano dará un paso máis coa mellor da seguridade do alumeado público en todas as súas parroquias. O alcalde, Eduardo Parga Veiga, asinou hoxe dous contratos que permitirán actuar nas oito parroquias do noso municipio. A empresa Grupo Mariño Obras e Servizos S.L. acometerá as melloras nas parroquias de Barizo, Malpica, Mens e Vilanova de Santiso, cun investimento de 47.056,90 euros que está incluído no PAI (Plan de Aforro e Investimento).

Pola súa banda, a firma Tecnored S.A. foi a adxudicataria do proxecto que se desenvolverá nas parroquias de Buño, Cambre, Cerqueda e Leiloio, cun orzamento de 49.271,26 euros.

Novas relacionadas Fonte

Comentarios