![Uns surfistas atopan morto un crocodilo nunha praia de Malpica]()
Uns surfistas atopan morto un crocodilo nunha praia de Malpica
Membros da organización
Malpica Surf publicaban onte nas súas redes sociais unha fotos que, cando menos, despertaron unha gran curiosidade entre os seus fans.
Practicaban surf na praia do
Riás, en Cambre-Malpica, cando ao saír do mar atoparon morto sobre a area un crocodilo dun metro de longo.
Descoñecese a procedencia deste reptil polo que se barallan varias hipóteses entre as que destacan que pudo ser un animal de compañía e que o tiraron ao mar ou incluso que navegou nalgún mercante e non resistiu aos temporais destes días.
Dende a Coordinadora para o Estudio dos Mamíferos Mariños -
Cemma - explican que este é un
caso totalmente atípico na Costa da Morte.
Fonte