Venres. 29.03.2024
El tiempo

O CEIDA sumerxe Malpica nun mar de aves

Aves do CEIDA en Malpica
O CEIDA sumerxe Malpica nun mar de aves

Este sábado, 11 de decembro, terá lugar a derradeira actividade divulgativa do CEIDA sobre as aves mariñas da nosa costa, nesta ocasión no Concello de Malpica. O equipo técnico do proxecto ‘Áves Ártabras’, presentará espectaculares imaxes das aves mariñas da Costa da Morte, obtidas durante os traballos realizados este ano co apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico, dentro do programa Pleamar.

A actividade terá lugar no Centro Cívico de Malpica (Rúa Ventorrillo, s/n), ás 19 h. A entrada é libre.

Comentarios