luns. 09.06.2025
El tiempo

Cerqueda prepara a súa foliada

Cerqueda prepara a súa foliada

Outro ano máis, e xa van 6, o pracer de convidarvos á Foliada de Raigañas. Celebrarase o próximo sábado 16 de abril, a partires das 22:00h da noite.

Haberá unha grande carpa, un palco e un equipo de son para todo aquel que queira subir ó escenario a cantar e tocar. Tamén disporán dunha barra e haberá callos, empanada rica e larpeira sabrosona. Todo para disfrutar dunha noite diferente e sobre todo, musical.

Haberá festa rachada ata ben tarde polo que os que queiran velo Barça-Madrid aínda poderán achegarse tralo partido, que vai haber festa ata que o "galo cante e a galiña chore, polos pitiños, polos pitiños que durmen fóra"...

Pazos de Merexo e Olga Kirk na III Foliada de Cerqueda

  • Foliada 2010: A foliada máis auténtica celebrouse en Cerqueda .
  • Foliada 2009: Festa rachada na Foliada de Cerqueda .
  • A canteira pandereteira da Raigañas xa gaña premios .
  • O teatro da Raigañas pecha o curso no palco .
  • Fonte

    Comentarios