xoves. 05.03.2026
El tiempo

O Concello de Malpica consegue a primeira certificación internacional que avalía o compromiso municipal coa igualdade de xénero

Juan Manuel Perez outorgando o SG CITY 50-50 a Malpica
Juan Manuel Perez outorgando o SG CITY 50-50 á concelleira de Servizos Sociais Marisol Blanco e ao alcalde Eduardo Parga
O Concello de Malpica consegue a primeira certificación internacional que avalía o compromiso municipal coa igualdade de xénero
A norma SG CITY 50-50, enmarcado no proxecto DIGECP, é a primeira certificación internacional que permite a implementación dun sistema de xestión para avaliar e certificar o compromiso dos gobernos municipais coa igualdade de xénero.

Desenvolvido pola Asociación ForgenderSeal, a norma foi deseñada de acordo coas responsabilidades municipais, as normativas nacionais e os mandatos e tratados internacionais relacionados cos dereitos humanos das mulleres, o desenvolvemento humano, as cidades e o cambio climático.

Un dos primeiros concellos da comarca que se louba de conseguilo é o Concello de Malpica, que este luns recibiu José Manuel Pérez, quen fixo entrega ao Concello do distintivo SG CITY 50-50. O distintivo acredita o traballo desenvolvido desde o ámbito local para integrar a perspectiva de xénero nas políticas públicas e promover a igualdade entre mulleres e homes.

A concelleira de Igualdade, Marisol Blanco, sinalou que «é un orgullo contar cun distintivo coma este, xa que supón un recoñecemento ao traballo constante que se está a desenvolver no noso concello en prol da igualdade real entre mulleres e homes e da integración da perspectiva de xénero en todas as políticas municipais».

Pola súa parte, o alcalde Eduardo Parga afirmou que este recoñecemento confirma que as políticas de igualdade impulsadas polo Concello están a recibir valoración positiva e subliñou que «anima a seguir traballando con maior compromiso e dedicación nesta liña». Ambos coincidiron en que o distintivo reforza a aposta municipal pola igualdade de oportunidades, a inclusión e a construción dunha sociedade máis xusta para toda a veciñanza.

Comentarios