Concello de Malpica e Deputación renovan o acordo para a xestión do Ecomuseo Forno do Forte
15 de xaneiro de 2021 (08:49 h.)
Paralelo ao proxecto de remusealización que convertirá no “gran museo da olería galego”, chega tamén o proxecto de xestión. Deputación e Concello de Malpica renovaron o acordo para xestionar o Ecomuseo do Forno do Forte de Buño en 2021.
A Deputación aporta 70.000€ e o Concello. como en anos anteriores dende 2006, seguirá promovendo actividades culturais nas instalacións para dinamizar a tradición artesá, así como á conservación e mantemento das instalacións do Forno do Forte.
En canto ao horario de atención ao público, o Ecomuseo deberá permanecer aberto como mínimo todos os días da semana agás os luns, de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas.
Novas relacionadas
- A remusealización do Forno do Forte convertirao no gran museo galego da olería.
- O Forno do Forte acolleu o primeiro “cumio” oleiro entre Malpica e Oleiros.
- O Buño deMostra dalle vida oleira a espazos singulares.