Xoves. 18.04.2024
El tiempo

A remusealización do Forno do Forte convertirao no gran museo galego da olería

Ecomuseo do forno do forte de Buno
A remusealización do Forno do Forte convertirao no gran museo galego da olería

A Deputación da Coruña vén de anunciar a creación dun novo proxecto de remusealización do Forno do Forte co obxectivo de que se converta no “gran museo da olería galego”. O proxecto desenvolverase en colaboración coa área de cultura, Olería e patrimonio do Concello de Malpica que dirixe a concelleira Leticia Naya Varela, e conta cun orzamento de 60,000 e o prazo de execución de tres meses despois da licitación.

A iniciativa contempla mostrar a historia da olaría, desde a tradición ás propostas máis actuais, dende unha perspectiva a nivel galego. Desta maneira, as tres salas que se incorporarán a espazos dedicados á olaría dedicaranse á sala multiusos, novas creacións e exposicións temporais, que acollerán de maneira especial creadores e creadoras de Buño e de toda a Costa da Morte e tamén de outras zonas de produción oleira. /p>

Tamén se realizará a modernización da cartelería e a incorporación de nova sinaléptica e música ambiental. Ademais, na segunda metade do ano procederase a adecuación do espazo da antiga cafetaría nunha sala auditorio con capacidade para unhas 50 persoas.

Novas relacionadas

Comentarios