Luns. 30.11.2020
El tiempo

O Buño deMostra dalle vida oleira a espazos singulares

Imaxes oleiras e musiqueiras da segunda fornada do Buo deMostra
Imaxes oleiras e musiqueiras da segunda fornada do Buo deMostra
O Buño deMostra dalle vida oleira a espazos singulares

Tralo éxito da primeira fin de semana, a segunda fornada do Buño deMostra ratificou que é posible armar cousas en tempos de pandemia. Esta edición singular da Mostra de Olería, cambiou as carpas e os talleres polo pequeno formato, dándolle moita vida ás rúas e a espazos e praciñas da vila oleira.

O Forno do Forte, o Forno da Costa, a Praza de Santa Xusta e as rúas dos propios obradoiros dos oleiros convertíronse en lugares culturais, facendo da música e da propia artesanía as protagonistas. Esas citas culturais en espazos controlados, organizadas por Orballo Cultural, son o máis seguro nestes tempos, pero é que ademais permitiron facer que os concertos foran máis íntimos, cercanos e integradores.

Dende a organización aseguran estar moi contentos co resultado desta edición que se ía cancelar, e valoran a gran resposta que tiveron as actuacións culturais e tamén as demostracións dos artesáns. Destacan “a importancia de presenciar e achegarse a todo o proceso de traballo dos oleiros nos diferentes obradoiros que fixo que os visitantes valoraran máis a peza final”.

Así, dende a organización valoran que "o concepto `Buñodemostra´ é máis simbólico e nace para quedar todo o ano e para lembrar que estamos aí, e que a xente pode seguir indo a Buño".

Novas relacionadas

comentarios