Concello de Malpica e Deputación renovan o acordo para a xestión do Ecomuseo Forno do Forte
08:49 15/01/21
Paralelo ao proxecto de remusealización que convertirá no “gran museo da olería galego”, chega tamén o proxecto de xestión. Deputación e Concello de Malpica renovaron o acordo para xestionar o Ecomuseo do Forno do Forte de Buño en 2021.
A Deputación aporta 70.000€ e o Concello. como en anos anteriores dende 2006, seguirá promovendo actividades culturais nas instalacións para dinamizar a tradición artesá, así como á conservación e mantemento das instalacións do Forno do Forte.
En canto ao horario de atención ao público, o Ecomuseo deberá permanecer aberto como mínimo todos os días da semana agás os luns, de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas.