Mércores. 25.11.2020
El tiempo

O Forno do Forte acolleu o primeiro “cumio” oleiro entre Malpica e Oleiros

Visita do alcalde de Oleiros e a Deputacion a Buno
Visita do alcalde de Oleiros e a Deputacion a Buno
O Forno do Forte acolleu o primeiro “cumio” oleiro entre Malpica e Oleiros
Visita institucional histórica a vivida este pasado xoves en Malpica. O vicepresidente da Deputación Provincial da Coruña, Xosé Regueira, artellou dende a área de Turismo do ente provincial, un encontro entre o alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, e a comitiva municipal malpicá no Salón de Plenos e no Ecomuseo do Forno do Forte.

Alí estiveron presentes, por parte do Concello de Malpica, o seu alcalde, Walter Pardo; xunto aos concelleiros de Promoción Económica, Sergio García; de Turismo, Alfredo Cañizo; a concelleira de Olaría, Leticia Varela e o concelleiro de Deportes, Miguel Varela.

Visita do alcalde de Oleiros a Malpica

A idea é tecer pontes entre dous concellos para os que a artesanía foi, e é, parte fundamental de sendas economías, para establecer novos vínculos de cara a futuras sinerxías que sirvan para fortalecer un sector que tamén se ve afectado pola crise provocada pola covid.

Regueira, mostrouse especialmente feliz por ter propiciado o encontro, e espera poder sumar para “que recupere a súa presenza volvendo ao uso da olaría como algo cotiá, nas casas ou nos restaurantes", sinalou. Regueira, ademais de apuntar o valor da feira Alfaroleiros e da Mostra de Olería de Buño, quixo lembrar o nexo que une xa a ambas vilas: o mural de gran formato do artista Joseba Muruzábal de Oleiros que representa a Lola da Faia, a artesá de Buño.

Mural de Lola da Faia de Joseba MP en Oleiros

Walter Pardo tirou de histria, pero valora que a “esencia pervive intacta ata os nosos días, e temos que agradecer o desempeño diario das nosas e nosos artesáns para mantela viva”. Fixo fincapé na "importancia que ten para construír identidade" dunha vila.

Pola súa parte, a concelleira de Olaría do Concello de Malpica, Leticia Varela, recalcou que ‘é o momento de volver a sectores primarios e de volver ás raíces, e o momento de buscar outro tipo de turismo, máis sustentable”.

Seoane defendeu a olaría non só como “como pezas decorativas” e” recoñeceu que “temos moito traballo por diante, pero iso correspóndenos a nós, os políticos”.

Os alcaldes de Malpica e Oleiros no EcoMuseo do Forno do Forte

Novas relacionadas

comentarios