Venres. 26.04.2024
El tiempo

O Concello de Malpica destina 20.000 euros para axudas a entidades sen ánimo de lucro

Fachada Concello de Malpica
O Concello de Malpica destina 20.000 euros para axudas a entidades sen ánimo de lucro

O Concello de Malpica destina unha partida de 20.000 euros en axudas para entidades sen ánimo de lucro do municipio co obxectivo de dinamizar o asociacionismo e a cultura entre a veciñanza.

As bases reguladoras xa están publicadas no Boletín Oficial da Provincia do martes 26 de outubro. A convocatoria abrirase nos vindeiros días e deberá tramitarse a través do Rexistro Electrónico.

“Trátase dunha convocatoria dunha enorme importancia para o tecido asociativo do municipio e, por extensión, para as opcións de ocio e cultura da nosa veciñanza”, explicou a concelleira de Cultura, Noelia Freijeiro. Neste sentido, asegurou que “un dos principais obxectivos do goberno local é potenciar o sector cultural do noso municipio xa existente e seguir ampliando a base para acoller ao maior número de persoas posible”, engadiu.

Comentarios