Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O Concello de Malpica instalará desfibriladores nos campos de fútbol

Resprentantes dos clubs malpicans recibindo unha sesion formativa sobre o uso do desfibrilador
Resprentantes dos clubs malpicáns recibindo unha sesion formativa sobre o uso do desfibrilador
O Concello de Malpica instalará desfibriladores nos campos de fútbol

O Campo de Xaviña e Buño, e o Campo de Pedra Queimada, de Malpica, disporán proximamente de desfibriladores automáticos externos. Unha iniciativa municipal tremendamente interesante, que costa moi pouco e pode salvar vidas, tendo en conta que os 5 primeiros minutos despois dunha parada son cruciais.

Tan importante como dispoñer dos aparatos é saber utilizalos. E para iso, representantes dos clubs Malpica Scd, Buño S.C.D., Unión Deportiva Cerqueda e Sporting Seaia CF asistiron á xornada de formación sobre o uso de desfibriladores automáticos externos, ata a que tamén se achegou o alcalde, Eduardo Parga Veiga.

Unha sesión fundamental para, se pasa algo, os membros dos clubs poidan usar os desfibriladores sen ter que esperar que chegue a Ambulancia.

Comentarios