Corredoiras e compromiso para a 7ª edición da Primavera en Ruta de Senda Nova
21:30 31/03/16
7ª edición xa do programa Primavera en Ruta de Senda Nova, que demostra que o sendeirismo segue medrando na Costa da Morte. O local social de Sísamo acollía onte a presentación desta edición que mantén claros os obxectivos cos que naceu o programa máis antigo dos nosos dez anos de historia. Oito rutas cargadas de paisaxe, ecoloxía e cultura polos concellos de Laracha, Carballo, Coristanco, Malpica de Bergantiños e Zas.
”De corredoiras e de compromiso. Un encaixe de bolillos perfeto entre persoeiros das parroquias, Protección Civil, concellos, participantes e voluntari@s de Senda Nova”, así o definen.
En todo caso, o programa vese afectado pois a causa do estado do río Anllóns por mor da climatoloxía de intensa choiva, queda abortada a primeira saída prevista para o vindeiro domingo día 3 de abril, quedando aprazada para o domingo 29 de maio. Por este motivo, a primeira das andainas será o domingo día 10 polo Río Chonia.
Novas relacionadas
- Máis de 200 persoas participan nas xornadas de Interpretación dos Bosques de Senda Nova.
- Senda Nova presenta a 7ª edición da “Primavera en Ruta”
- Arrancan con éxito as xornadas de Interpretación dos Bosques de Senda Nova
- Senda Nova inicia cunha proxección as xornadas de Interpretación dos Bosques
- Senda Nova reclama un plan integral de conservación para o humidal de Baldaio
- Senda Nova recupera as historias dos maiores de Zas
- Senda Nova celebra en Baldaio o día dos humidais
- Senda Nova desfruta dun inverno ancestral
- Senda Nova recupera a tradición co “Inverno Ancestral”
- Gracias, Apalpador
- Aprendendo natureza na escola Ambiental de Senda Nova
- Senda Nova bota a andar a súa escola ambiental
- Sesenta camiñantes estrean o IV Outono en Marcha de Senda Nova.
- Seis rutas de sendeirismo compoñen o programa de outono de Senda Nova
- Senda Nova presenta o seu programa de marchas para o outono
- Senda Nova remata o seu verán máis natural
- Redacción QPC ([email protected])
- Senda Nova