luns. 21.04.2025
El tiempo

Cursos que rompen a brecha dixital de xenéro

Cursos que rompen a brecha dixital de xenéro
O alcalde, Eduardo Parga, asistiu ao inicio do curso O alcalde, Eduardo Parga, asistiu ao inicio do curso Un total de nove alumnas participan no curso de alfabetización informática para mulleres organizado dende a área de igualdade do concello de Malpica dentro do programa Conectad@s, que promove o coñecemento e a utilización das novas tecnoloxías para contribuír a diminuír a brecha dixital de xénero. As participantes estiveron acompañadas na sesión inaugural polo alcalde, Eduardo Parga. As sesións formativas desenvolveranse todos os mércores ata o 9 de decembro. O obxectivo é dotar ás participantes das ferramentas básicas en informática e novas tecnoloxías, pero tamén se traballarán de maneira transversal cuestións coma a igualdade de xénero e de oportunidades. Así mesmo, a técnica de Igualdade do concello de Malpica, Patricia Vaquero, porá en marcha con este grupo de mulleres un proxecto documental de recompilación de fotografías, recortes ou calquera outro documento que sirva para visibilizar a aportación das mulleres de Malpica á sociedade. Dentro do programa Conectad@s tamén está incluído un curso de novas tecnoloxías para maiores de 55 anos no que, debido á alta demanda, foi preciso crear dous grupos. Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.gal)
  • Concello de Malpica

Comentarios