Mércores. 08.05.2024
El tiempo

De praias accesibles e alumeado eficiente e de nadal por Malpica

De praias accesibles e alumeado eficiente e de nadal por Malpica
alumeado-de-nadal-en-malpica

Foi activa a ponte por Malpica. O pasado venres tivo lugar o acto simbólico de acendido dun alumeado de Nadal moi colorido, na que participaron o alcalde e o teniente alcalde. Pero seguramente a nota máis destacada da fin de semana foi o remate das obras que fan da praia de Seiruga unha praia máis accesible.

o-alcalde-e-o-teniente-de-alcalde-nas-novas-escadas-da-praia-de-seiruga

Ata agora os usuarios da praia de Area Pequena tiñan que chegar ao areal a través dun pequeno carreiro que non facía doado o acceso. Pero os amantes desta pequena e preciosa praia, que ofrece unha panorámica impresionante das Illas Sisargas, están de noraboa, porque o Concello de Malpica vén de rematar as obras de construción dunha escaleira que facilita a accesibilidade, como puideron comprobar o alcalde, Eduardo Parga, e o concelleiro de Obras e Servizos, Miguel Fernández, na visita realizada hoxe ao lugar.

Esta actuación complétase coa sinalización de todas as praias do municipio, nas que se colocaron en total máis de cincuenta indicadores. O investimento acadou os 33.598,57 euros, e a execución correspondeu á empresa Dámaso Ferreiro.

O Concello de Malpica acadou para este proxecto unha subvención de 18.156 euros con cargo á convocatoria de apoio aos investimentos para uso público en infraestrutura recreativa, información turística e infraestrutura turística a pequena escala mediante o fomento da accesibilidade e sinalización dos recursos turísticos no medio rural, financiados con fondos Feader (Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural) nun 75%, do Estado e da Xunta.

Fondos de Compensación Ambiental

ovidio-rodeiro-en-malpica

Así mesmo, o delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, reuniuse o pasado venres co alcalde de Malpica, Eduardo Parga Veiga, para analizar o resultado dos traballos realizados coa subvención destinada á mellora de servizos de protección do medio ambiente no municipio. Por unha banda, estes fondos serviron para a instalación por parte do concello de 40 módulos led en luminarias existentes e 12 novas luminarias led na praza de Alén e zonas axardinadas e peonís de Buño, 57 luminarias led e un novo cadro de mando e de protección nas rúas Santa Catalina e Santa Filomena, e 64 luminarias led nas rúas Mouróns, Boa Vista, A Costa, Forno Novo e O Galo. As novas luminarias ofrecen un alumeado público máis moderno, eficiente e respectuoso co medio ambiente. Así, con cargo ao plan impulsado desde a Xunta de Galicia, substituíronse as antigas luminarias de vapor de sodio por haloxenuros metálicos, que se caracterizan por emitir unha cor moi próxima ao branco, pola súa elevada eficiencia luminosa, un rendemento cromático óptimo e unha duración media moi elevada. Por outro lado, parte desta axuda destinouse tamén á adquisición de colectores de vidro e lixo. En concreto, incorporáronse 36 colectores verdes de 800 litros, 15 colectores verdes de 360 litros e 10 colectores de vidro. O Goberno galego financiou estas actuacións cunha achega de 80.660,23 euros correspondente ao Fondo de Compensación Ambiental, que permite aos concellos beneficiarse do canon eólico.

Fonte

Comentarios