Domingo. 19.05.2024
El tiempo

Malpica coñece a Juana de Vega

Fundacion Juana de Vega en Malpica
Malpica coñece a Juana de Vega

Xa loce no Centro Cívico Cultural de Malpica a exposición sobre Juana de Vega. O presidente da Fundación Juana de Vega, Enrique Sáez Ponte, presentaba o pasado venres a exposición itinerante “Juana de Vega, condesa de Espoz y Mina (1805-1872). Facer no século”. Unha mostra que permitirá coñecer polo miúdo á historia e a obra da condesa e escritora coruñesa.

Se ben a fundación trouxo unha serie de libros sobre a autora para a biblioteca malpicá, entre eles, a última biografía editada en 2022 escrita por Xosé Ramón Veiga, o Concello correspondeu cunha peza da olería de Buño.

A mostra permanecerá aberta no espazo expositivo do Centro Cívico ata o luns, 20 de maio en horario de luns a venres de 9:00 a 15:00h e de 16:00 a 21:00h e os sábados de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:30h.

A última quincena do mes, a exposición trasladarase ao IES Urbano Lugrís para continuar divulgando a figura da mecenas e filántropa entre o alumnado do centro.

Rolda de prensa Fundacion Juana de Vega en Malpica

Comentarios