Martes. 07.12.2021
El tiempo

Denuncian ao propietario dun bar de Malpica e a 8 persoas por consumir fóra de de horario

Denuncian ao propietario dun bar de Malpica e a 8 persoas por consumir fóra de de horario

Pasaban das 18:00h da tarde de onte, e a Garda Civil de Ponteceso recibía o aviso dunha chamada por parte da veciñanza, de que un bar mantiña a actividade, con varias persoas no interior e na terraza consumindo.

Os axentes pontecesás desprázanse ao establecemento, que tiña as persianas baixadas pero coa luz interior acesa e con 8 persoas consumindo, e fumando, na terraza “sen gardar as distancias de seguridade e algunha delas sen máscara”.

A Garda Civil asegura que, tras “requirirlles en diversas ocasións que garden as distancias de seguridade e poñan adecuadamente as máscaras de protección, non colaboran en ningún momento dificultando enormemente a actuación dos axentes actuantes, increpando aos mesmos con diversos insultos”.

Os axentes levantaron denuncia contra as 8 persoas (seis homes e dúas mulleres) por “incumplir o Real Decreto 926/2020 de 25 de outubro polo que se declara o Estado de Alarma para conter a propagación de infeccións causadas polo SARS-Cov2, en concordancia coa Lei Orgánica 4/2015 de 30 de marzo de protección da seguridade cidadá no seu artigo 36 apartado 6”. Os axentes tamén propoñen sanción ao propietario do establecemento “quen sinalou que é consciente, pero que tiña pensado pechar en canto acabasen as últimas copas”.

comentarios