luns. 05.01.2026
El tiempo

Doble xornada para a Cabalgata de Malpica e Buño

Cabalgata Malpica
Doble xornada para a Cabalgata de Malpica e Buño

A  Cabalgata dos Reis Magos pártese en dúas xornadas máxicas.

O luns 5 de xaneiro o percorrido será:

  • Buño – 17.30 h · Parque Luciano García Alén nunha carpa instalada pola AVSC O Quinteiro. Na carpa con calefacción haberá a partir das 16:40h un Obradoiro infantil, cartaz de benvida aos Reis Magos, un cántico do coro e unha Chocolatada popular e biscoitos.
  • Malpica – 19.00 h Tamén haberá percorridos en Cerqueda e Cambre (desde as 16.00 h), organizados por AC Raigañas, e en Leiloio (desde as 18.30 h), organizados por AC A Feiriña.

Cartel Reis Magos 05-01-2026

Para o martes 6 de xaneiro, e en colaboración coa ACD San Xulián:

  • Santiso – 10.30 h no campo da festa.
  • Beo – 11.00 h na estrada xeral no cruce.
  • Mens – 11.30 h no campo da festa.
  • Barizo – 12.00 h no campo da festa.
  • E Seala – 13.45 h no campo da festa.

 

 

Comentarios