En marcha o Ultratrail: 203 kms en 48 horas polo Camiño dos Faros
203 kms en 48 horas. Si, e sen coche, non vaian pensar. Así se prantexa o >“Ultra Trail Camiño dos Faros Edición Piloto e Solidaria”, un evento non competitivo e solidario que prepara a Asociación Camiño dos Faros en colaboración con organizadores de probas de trail running e raids de aventura.
Será unha auténtica heroicidade a que realicen os, ata agora, 12 inscritos na proba completa, se ben xa hai xente anotada para facelo por etapas.
A organización, demostrando que todo o Camiño dos Faros é unha proposta cidadá, sen ánimo de lucro, coa única intención de darlle o valor que merece o marabilloso litoral costeiro, engadiu o concepto solidario, de xeito que todo o recadado será destinado á Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas.
A saída será o 25 de xullo, ás 0:00h dende Malpica, para chegar a Fisterra o antes posible… Con este novo evento a Asociación quere lograr dúas metas: Colaborar coa Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas a darlle visibilidad; ademais de estudar a viabilidad de realizar un ultratrail competitivo a partir do ano 2015.
En todo caso será unha proba tremendamente espectacular. I é que o Camiño dos Faros percorre moitas paisaxes diferentes, sempre mirando cara ao mar e cara ao oeste. Faros, praias, dunas, ríos, acantilados, bosques, estuarios cunha gran cantidade de aves, mares de granito, castros, dólmenes, vilas marineras, miradores ao mar que rompe de todas as formas posibles, postas de sol... unha ruta de senderismo como poucas e que levará ao caminante a un mundo de sensacións únicas que só se poden gozar nesta Costa da Morte.
Compra kilómetros solidarios
Para realizar a compra de kms solidarios a Organización preparou un manual, onde de forma sinxela explícase paso a paso o proceso para donar 1€ por kilómetro.
Máis información
- Evento do Ultratrail Camiño dos Faros no Facebook.
- Regulamento do Ultratrail.
- Formulario de Inscrición.
Novas relacionadas
- Nin a chuvia pode cuns trasnos que intentarán facer o Camiño dos Faros en 48 horas.
- O sendeirismo segue achegando mundos e creando conciencia na Costa da Morte.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).