Feísmos: Conclusións a ritmo de pasodobre
13:01 18/09/15
Punto e aparte do proxecto socio-arquitectónico do baiés criado en Carballo Alejandro Gándara, a laxense criada en Baio Antía Ameixeiras, e o coruñés David Fontán. Feísmos? chegou as súas primeiras conclusións tras 6 meses de andaina. Este proxecto audiovisual pretende reflexionar sobre o coidado do patrimonio urbanístico en Galicia repasando conceptos sobre o territorio ou a estética. Este proxecto utiliza a vila de Malpica, ademais dos barrios de Ardemil e Agra do Orzán, como exemplos. Veñen de conformar un vídeo final (ollo que o vídeo do youtube ten unha continuación por cada pregunta, polo que tes que chegar ao final de cada vídeo para picar no seguinte) no que tratan de respostar a 6 preguntas a ritmo de pasodobre:
- Quen decide o que é feo e o que non?
- É o feísmo un fenómeno tipicamente galego?
- Ten que ver o feísmo coa emigración?
- Feísmo ou arquitectura popular?
- Feísmo ou falta de planificación urbanística?
- Máis alá do estético, que consecuencias ten?
Máis información
Novas do proxecto Feísmos
- Malpícate que témola praia aforcada.
- Descubrindo Galicia dende a Costa da Morte a través do Feísmo?.
Máis novas
- Vista aérea da evolución do litoral de Malpica nos últimos 70 anos.
- A documental que derruba muros con pintura.
- Unha nova licencia anulada na Anchoa por ser outorgada de forma irregular.
- Feismo de vangarda.
- O Enxeño Galego: O retrete floreiro.
Entrevistas da canteira costeira en As Bondades da Fala
- Mimadriña: “Moita xente pequena, facendo cousas pequenas, en lugares pequenos…”.
- Adrián Varela: “Non cremos o suficiente na nosa zona”.
- Formando o futuro da Costa: De proxectos culturais e educativos.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).