As Festas do Mar de Malpica comezan con Cantos de Verán

Arrinca hoxe luns o ambicioso programa das Festas do Mar de Malpica. Organizadas pola A.C. Mallas da Area, coa colaboración municipal, traen unha completa semana de actividades, que non rematarán ata o domingo 25.