Icía Varela: “Esa gharnacha das pandereteiras de Mens sempre me fixo sentir moita emoción“
- “O que máis me sorprendíu foi a crítica da xente de Mens por saíren tocar por aí”.
- ”Estes nomes teen que saír do aninimato, temos que coñecelas polos seus nomes, porque teñen moitísima importancia para a cultura.

Arrasa nas librarías o “Cantareiras” [Xerais]. Cada vez que sae unha nova edición, esgotase voando, tendo estado por diante de Manuel Rivas nas vendas de Amazon. E para celebrar as Letras Galegas, que mellor que facelo cunha das súas autoras.
O libro realizado por Xosé Manuel Varela Varela e a súa filla Icía Varela chega no momento perfecto, coincidindo coa dedicatoria do Día das Letras Galegas ás cantareiras, pandereteiras e a tradición oral do país, sendo unhas das principais protagonistas as Pandereteiras de Mens, veciñas da cerquedá familia Varela.
Icía e Xosé María levan ademais percorrendo o país con este percorrido polo legado da música e a poesía popular, recollendo tamén ta historia da muixá Eva Castiñeira e das cercedenses Adolfina e Rosa Casás. Só neste mes de maio teñen 22 presentacións, o que dá conta da relevancia que está collendo este libro, que ademais, xa ten en marcha unha segunda parte:

- Empezamos polo principio. Como nace a idea de crear este libro man a man co teu pai?
A idea nace da inquedanza que temos ambos polo interese e difusión da música tradional do país. Nunca nos puxeramos en serio a escribir, posto que os dous andabamos en traballos individuais e pensabamos deixar isto para un futuro.
Pero un día meu pai recibe una chamada de Xerais facendo a proposta de escribir este libro, cunha condición: “que haxa unha muller pandeireteira coautora”. Era fácil, a súa filla, que é pandereteira, e cunha paixón pola tradición e a literatura oral tremenda.
- Ti xa naciches nun berce onde a tradición era parte da túa familia. Que lembrabas do que che contaran das míticas pandereiteiras veciñas de Mens, antes de comezar este libro?
Certo, eu xa nacín nun berce onde a tradición e a música popular era parte da familia. Dende ben pequena xa estiven mesturada neste mundo en Cerqueda. Quen me informou sempre das Pandereteiras de Mens foi meu pai. Estiven presente na homenaxe que se lle fixeron en Mens no 2012, nunha das últimas veces que tocaron xuntas.
Teño tamén recordo de ir con Suso Moreira, o gaiteiro de Mens, tocar o enterro de Teresa da Canónica, a última en morrer en 2019.
A verdade que as pandereteiras de Mens sempre me fixeron remexer o corazón, pois son veciñas, a miña avoa paterna é de Mens, e hai unhas similtides de forza, de características que se poden facer con Cerqueda. Esa “gharnacha” que dicimos en Cerqueda, esa forma de tocar a pandeireta, de cantar, bailar,.. sempre me fixo sentir emocións.

- E que cousas descubriches que máis te sorprenderon ao facer o traballo de investigación?
O 98% das cousas que aparecen no libro, e aínda quedaron máis fóra, non as sabiamos. Foi indagar moitísimo máis do que xa fixeramos, e descubrir, por exemplo, que non eran aclamadas cando saían a dar concertos á Bretaña ou mesmo a Bos Aires, todo o contrario, eran criticadas pola xente ao volver á parroquia. Iso foi o que máis me sorprendíu, a verdade. Elas dicían que voltaban tranquilas porque traían pan para comer, que ían e cobraban, pero aóinda así tiñan que saír agochadas para non seren criticadas. Agora mesmo o pobo de Mens está orgulloso pero naqueles tempos non era así.
Tamén foi moi bonito descubrir a casa de Eva Castiñeira, unha casa abandonada agora, descubrir todo o legado que deixou, e poder imaxinar todo o que alí pasou, os bailes no sobrado, que alí cantou tanto, e mesmo que casou alí.
- Cóntanos, cóntanos. Como foi este traballo de investigación?? Fostes polas aldeas da comarca de Bergantiños visitando grupos de cantereiras?
Moitos quilómetros de coche, viaxando pola historia, con moitas charlas con xente que é protagonista, como Tino Maceiras de Ruada, fundamental para a descuberta de Eva Castiñeira, ou a xente de Aturuxo, fundamentais para poñer en valor as pandereteiras en Mens. Coñecimos persoas chave para rescatar a vida destas mulleres.
- Radios, coles, entidades… como vai a xira de presentacións do libro?
Moi ben, temos máis de 50 presentacións entre abril e maio, e temos ata decembro xa fixadas. Está sendo unha xira marabillosa. Non contaba que tivese tan boa acollida. Reitero as gracias por esgotar os libros tan rápido e estamos moi agradecidas de convertir o noso libro nun referente.
Estes nomes teen que saír do aninimato, temos que coñecelas polos seus nomes. Porque estas mulleres teñen moitísima importancia para a cultura.
- Que é o que máis sorprende ás xentes que acoden ás citas?
A xente cando vén gústalle moito ver as imaxes da súa vida, pois levamos unha presentación con imaxes nunca vistas porque ata agora nunha interesaron, a verdade.
Máis novas