martes. 18.03.2025
El tiempo

A Casa do Pescador quedou pequena para a presentación do nº2 da revista Mallas da Area

Presentacion Revista Mallas de Area Marta Villar
A Casa do Pescador quedou pequena para a presentación do nº2 da revista Mallas da Area

Exitosa presentación do número 2 da revista Mallas da Area. A Casa do Pescador quedou pequena para un evento que demostrou que a unió fai a forza, e que se as entidades, o concello e o pobo se unen, Malpica ten potencial para ser un referente cultural de toda a comarca, poñendo en valor o seu patrimimonio, a cultura e o deporte, nun ano chave como é este 2025.[
 

O acto, que se prolongou moito para dar cobertura a todos os protagonistas da revista, remataba coas pandeiretas de Icía Varela e a edil Noelia Freijeiro. Porque diso se trataba, de render homenaxe a Urbano Lugrís pero tamén a todas as cantareiras e pandeireteiras do país, principalmente ás de Mens, protagonistas do Día das Letras Galegas 2025. Foi a familia de Aturuxo a que puxo en valor ese legado.

Antes falouse tamén da Croa do Castro, do Camiño dos Faros, do deporte como motor económico e como ferramenta parque os invernos sexan máis curtos e axudar a desestacionalizar o turismo), de veteranos mariñeiros, de ornitoloxía...

Presentacion Revista Mallas de Area Pedro Mato e Xose Manuel Varela

Pedro Mato e Xosé Manuel Varela debullaron o contido e a intención desta singular publicación, moi localizada en Malpica, pero de gran interese comarcal.

Unha revista que chega man de autores como o noso Alberto Pose, Chisco Fdez. Naval, Xabier Maceiras, Sonia Castro Rod., Marta Villar, Xosé Barizo, Gabriel Varela, Selina Otero, Noelia Freijeiro, Manel de Aturuxo, , Xurxo Alfeirán, Xosé Manuel Varela, Dani Anido, Teresa Seara, Xosé Iglesias ou, entre outros, Jesús Cintora, que tamén estará no Foro de Actualidade do seguinte sábado 15 de febreiro.

Autores reviusta Mallas de Area

Máis novas

Comentarios