Luns. 29.04.2024
El tiempo

Xurxo Souto leva a revolución musico-literaria de Luísa Villalta a Carballo

Xurxo Souto leva o metodo Luisa Villalta a Carballo
Xurxo Souto leva a revolución musico-literaria de Luísa Villalta a Carballo

Anda de xira o eterno divulgador e axitador cultural Xurxo Souto co seu novo libro “Somos un pobo de artistas. O método Luísa Villalta”. Porque para Xurxo Luísa Villalta é a muller que cambiou a historia da literatura e da poesía cando comezou, como non fixera ninguén antes, a contala a través da música.

O herculino aproveita ademais a que a couñesa é a homenaxeada este ano polo Día das Letras Galegas, para espallar, dun xeito algo diferente, a súa relevancia cultural.

O mestre do IES Parga Pondal (dende a súa chegada xa ten ata creado xunto co departamento de música un himno para Parga Pondal) estará este mércores 28 de febreiro ás 20:30h no Museo de Bergantiños.

Comentarios