O GALP abre o prezo de solicitude para as súas axudas
10:41 22/01/26
Xa está aberto o prazo de solicitude, ata o 16 de febreiro, de axudas dentro das Estratexias de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP) do GALP Costa da Morte. Se tes un proxecto no territorio que impulse a competitividade ou a diversificación do sector pesqueiro e acuícola, que promova a conservación do patrimonio cultural e ambiental e fomente a economía azul, ou que contribúa ao benestar social... tes unha oportunidade para conseguir financiamento.
Este martes, o CAT de Buño acollía a primeira sesión informativa.
Tendes toda a información na sede electrónica da Xunta.
