A I Festa da Luz ilumina Malpica

Esta fin de semana volve a música verbeneira á Costa da Morte. Faino en Malpica, no marco da 1ª Festa da Luz, organizada polo Concelleiro de Turismo, Festexos e Mar, Alfredo Cañizo. Unha festa que nace coa intención de durar no tempo, e que nace da idea de que coincide co equinoccio, ese momento no que comeza a haber máis luz nos nosos días.
A repercusión fantástica nas redes e nos medios demostra as enormes gañas da xente da Costa da Morte de saír a bailar, a disfrutar, a gozar. Para iso, haberá instalada unha carpa climatizada de máis de 600 metros cadrados na zona porturaria que acollerá na noite do venres á discoteca móvil La Mega CDC, e a todo un Combo Dominicano que nos devolverá aos tempos prepandemia.
A Festa é moito máis que verbena e para o sábado, durante todo o día haberá un feirón que se situará ao longo da rúa principal de Malpica, e que estará aberta ata o fin do día. Dende a Concellería estudiarán que tal funciona coa intención de instaurar unha cita quincenal que sirve de polo de atracción de visitantes.
A partir das 22:00h, a troula volve á carpa do porto coa CDC Minidisc, que dará paso ao novo espectáculo dos irmáns Otero e a Orquestra Cinema.
Ademais, Cañizo promete algunha sorpresa que deixará atótinos a propios e estranos, así como uns foguetes que darán luz na noite mariñeira malpicá.