Martes. 30.04.2024
El tiempo

Icía Varela e Xosé Iglesias, presentes no Festival Interceltique de Lorient

Icia Varela en cooncerto
Icía Varela en Concerto
Icía Varela e Xosé Iglesias, presentes no Festival Interceltique de Lorient

O Festival Interceltique de Lorient naceu hai 52 anos e é unha das grandes referencias internacionais de toda a música celta. Unha cita que trata de poñer en valor a cultura bretona e aberto ás nacións celtas das Illas Británicas (Escocia, Gales, Cornuailles, Illa de Man e Irlanda) e o norte peninsular (Galicia e Asturias).

É constante a presencia galega neste festival, e este ano, entre o 4 e o 13 de agosto, chegarán a Lorient arredor de 150 persoas dende Galicia. Entre elas atopamos dúas persoas da Costa da Morte. Por unha banda, a cerquedá Icía Varela participará no espectáculo “Celtic Odyssée #2”, e por outro, o mariñeiro-poeta-pintor-escultor ceense Xosé Iglesias levará unha mostra das súas acuarelas ao país bretón. Serán 6 baleas nauta as que leven o mar salgado do noroeste ibérico á Bretaña.

Pola súa banda, Icía do Manso ten un mes completiño. O día 5 estará en Friol acompañando a Pesdelan, segue o día 6 en Cee coa Banda de Música de Forcarei, e despois de Lorient estará en Cedeira, Soutelo de Montes na Romaría de Santa Margarida da Coruña.

A expedición galega complétase co grupo de baile A Ponte Vella (Reis, Teo); dúas as bandas de gaitas: Queiroa (Sara) e Sementeira (Cambre), o grupo folk Ailá, e tamén Xascariz.

Ao festival acoden máis de 4.500 artistas de todo o mundo, nun festival no que chega a haber 120.000 espectadores de pago e 800.000 visitantes, cifras que o convirte no máis importante festival de Francia e do mundo en clave tradicional.

Lorient_Nota2023 copia

Comentarios