Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Imputados o alcalde e 4 concelleiros por unha recalificación en Malpica

Imputados o alcalde e 4 concelleiros por unha recalificación en Malpica
Vistas a Atalaia de Malpica

Xa estaba imputado o exalcalde malpicán pola recalificación dun terrible bloque de edificios na Atalaia aló polo 2003. Pois ademais de Xosé Ramón Varela Rey (ex alcalde do PSOE), a lista de 20 políticos imputados na Costa da Morte aumenta coa imputación do alcalde e outros 4 membros do Concello de Malpica.

O Xulgado corcubionés vén de confirmar a imputación de Eduardo Parga (o alcalde do PP), Antonio Pereira, coñecido como O Rulo (edil do PSOE), ademais da ex secretaria e un dos técnicos municipais e o edil xa falecido José Manuel Vila Pérez. Todos por supostas irregularidades á hora de recalificar o terreo rústico en urbanizable. Un clásico, co agravante do esperpéntico edificio, un bloque de 4 pisos, 34 apartamentos, ata hoxe baleiros.

A presunta razón da imputación é por dar unha licencia de obra nun lugar onde non se podía por non ter recalificado correctamente o terreo. A recalificación foi no mandato 1999-2003 e a licencia de obra no 2003-2007.

Todos terán que pasar polo xulgado o vindeiro 29 de agosto.

Novas relacionadas

<3>Fonte

Comentarios