Luns. 23.09.2019
El tiempo

Máis de 150 persoas participan este domingo na Travesía das Sisarga

Máis de 150 persoas participan este domingo na Travesía das Sisarga
travesia-sisargas-2018 Onte presentouse, coas Sisargas ao fondo, os trofeos da novena edición da Travesía das Sisargas Este domingo terá lugar unha nova edición da Travesía das Sisargas que este ano entra no circuíto de Abanca, polo que pasa a chamarse Travesía Abanca Sisargas-Malpica, ainda que sen perder a súa esencia. Nestes nove anos, a proba promovida por Daniel Gambón é xa unha das máis importantes de Galicia, como demostran as 155 persoas inscritas para este domingo 5 de agosto. Onte, nun acto simbólico celebrado na praia de Area Maior e coas Sisargas coma fondo, presentáronse os trofeos e o cartel coa presenza de Daniel Gambón, en representación do Club Travesía Sisargas; Iván Muiño e Javier Souto, xefes de Protección Civil de Malpica e Carballo, respectivamente; a directora da oficina de Abanca; o concelleiro de Seguridade, Miguel Fernández, e o alcalde, Eduardo Parga.   Como apuntou Daniel Gambón, “máis ca competitiva, a Travesía Sisargas é unha proba de reto e de aventura”. De feito, naceu coa intención de repetir o reto realizado por primeira vez no ano 1933 por Domingo Suárez Malpica, avó de Daniel Gambón e primeiro nadador en completar os 4,2 quilómetros que separan a Sisarga Grande da praia de Area Maior. Para garantir a seguridade dos/as participantes preparouse un dispositivo de seguridade que inclúe a sinalización do percorrido con boias con globos de helio. Os/as nadadores/as estarán acompañados na auga por zódiacs da Cruz Vermella e Protección Civil, e desde terra haberá puntos de vixilancia desde o Cabo de Santo Hadrián ata a praia de Area Maior. Proba solidaria Por quinto ano consecutivo, o Club Travesía Sisargas quere que o percorrido a nado entre a praia e a illa non sexa unicamente unha proba deportiva, senón tamén unha iniciativa de superación e de solidariedade. E unha forma de conseguilo é implicando a todos e todas as participantes nunha iniciativa social tan importante como o banco de alimentos do concello de Malpica. Por cada participante entregarase 1 quilo de comida. E, a maiores, este ano o 10% da recadación será doado á Cruz Vermella para o programa de atención á primeira infancia.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios