Malpica acolle a dúas familias refuxiadas de Ucraína
07:34 02/05/22
Malpica recibiu este pasado venres na Casa do Concello a dúas familias refuxiadas procedentes de Ucraína. Unha nai coa súa filla e o seu fillo e outra cunha nena vivirán nunha vivenda unifamiliar cedida por unha familia de Malpica que foi acondicionada para eles grazas á xenerosidade de colaboradores altruístas malpicáns.
Trátase de dúas familias, procedentes de Kiev onde aínda están os maridos e pais dos refuxiados loitando contra a invasión de Rusia en Ucraína.