![malpica acolle un obradoiro sobre o manexo do estres e a ansiedade]()
Unha docente do SERGAS impartirá o vindeiro venres, 15 de abril, un obradoiro sobre
“Manexo do estrés e a ansiedade” no salón de actos do Centro Cívico de Malpica. Esta actividade - organizada polo concello de Malpica, en colaboración co Plan de Inclusión Social - dirísexe dirixido a pacientes, familiares e poboación en xeral.
Segundo a concelleira de Servizos Sociais e Igualdade, Marisol Blanco Gorín,
o aforo está limitado a 50 persoas, polo que as interesadas deben inscribirse no Departamento de Servizos Sociais ou chamando ao 981 720 280.
Os obxectivos do obradoiro - que será
de 16:30 a 20:30 horas - son aprender a xestionar as emocións, conseguir un manexo axeitado do estrés e da ansiedade e lograr unha adaptación óptima a calquera situación de cambio e/ou transición vital: xubilación, enfermidade, dor,...
Fonte
Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
Malpica