Venres. 26.04.2024
El tiempo

Malpica de Bergantiños ofrece obradoiros para nenas e nenos polo programa educativo “A Vila do Mañá”

Portada a vila do mañá
Malpica de Bergantiños ofrece obradoiros para nenas e nenos polo programa educativo “A Vila do Mañá”

A Escoliña Vella do Concello de Malpica acollerá obradoiros enmarcados no programa educativo “A Vila do Mañá”. Esta iniciativa, impulsada pola Deputación Provincial da Coruña, pretende que se tome conciencia, a través dos xogos e desde a infancia, da arquitectura, o patrimonio tanxible, o urbanismo e a paisaxe. Serán os días 30 de decembro, e 2, 3 e 4 de xaneiro, para nenas e nenos entre 3 e 12 anos. As inscricións poderán formalizarse no Departamento de Cultura do Concello de Malpica.

O reto principal que presenta este proxecto é que a infancia e a adolescencia participen de xeito activo nos proceso de construción do espazo común, dotándoos de ferramentas necesarias para desenvolver a súa creatividade, desde a arte e a arquitectura.

Os técnicos e técnicas responsables do mesmo apuntan que “entendemos as vilas e cidades como un taboleiro de xogo, como lugar de encontro e como laboratorio de aprendizaxe para que as nenas e nenos poidan descubrir, coñecer e valorar o seu hábitat.

A Vila do mañá

Despois de realizarse en concellos como Rianxo, Ames, Verín, A Pobra, Cambados ou Arteixo, chega a Malpica de Bergantiños, impulsado pola Deputación da Coruña, co apoio da ETSAC (Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña), do COAG (Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia) e de APATRIGAL (Asociación para a Defensa do Patrimonio Galego).

Comentarios