Sábado. 02.11.2024
El tiempo

Malpica finaliza a primeira fase do saneamento en Seixas e Vilar Novo

Saneamento de Malpica 2
Malpica finaliza a primeira fase do saneamento en Seixas e Vilar Novo

O Concello de Malpica de Bergantiños anuncia a finalización das obras da primeira fase do saneamento nas localidades de Seixas e Vilar Novo, enmarcadas dentro do Plan POS + 2023. Con un orzamento de 105.304,53 €, os traballos foron executados pola empresa SYR-AMGS.L.

As actuacións incluíron a instalación de novas tubaxes de saneamento, a construción de pozos de rexistro e a reposición do firme nas zonas pavimentadas. Estes traballos permitirán mellorar significativamente o sistema de recollida e tratamento das augas residuais na zona.

Saneamento de Malpica

Comentarios