Venres. 19.04.2024
El tiempo

Malpica fomenta o consumo interno: “Merca Local no Nadal”

Malpica Merca e Consume Comercio e Hostaleria local por Nadal
Malpica fomenta o consumo interno: “Merca Local no Nadal”

A proposta do Concello de Malpica para fomentar o consumo local, fomentar a reactivación da nosa economía, e evitarmos desprazamentos a grandes superficies, chámase “Merca Local no Nadal”. Unha campaña que comeza o 15 de decembro do 2020 e se desenvolverá ata o 5 de xaneiro de 2021, aberta a calquera PEME ou autónomo do sector comercial, hostaleiro, de restauración ou industrial, independentemente da súa actividade, radicados no termo municipal.
A data límite de presentación é o luns 14 de decembro de 2020 ás 14:00 horas.

O premio, dotado dun total de 1.000 euros, consistirá en 5 tarxetas prepago de 200 euros cada unha, as cales poderán usarse nos establecementos adheridos á campaña. Terá unha validez de dous meses desde a entrega das tarxetas.

Novas relacionadas

Comentarios