![]()
Xa está en marcha o
programa de actividades de verán do concello de Malpica. As citas arrancaron xa o pasado luns, día 3, cun campamento urbano que se prolongará até o 31 de agosto e que se está a desenvolver no centro cívico da vila. Alí, os máis pequenos entretéñense con xogos, animación teatral, saídas a distintos puntos do municipio, obradoiros,...
Tamén está aberto o prazo de inscrición (que hai que formalizala no departamento de Educación e Cultura situado no centro Cívico de Malpica) para participar en
"Pintar na rúa"; un obradoiro de pintura e recuperación de espazos urbanos que se realizará entre os días 24 de xullo e 7 de agosto no parque infantil da vila. O custe é de 11€.
Este venres, 14 de de xullo comeza o programa
"Noites da Vila" coa actuación musical da "Traskiband". Un concerto que será na praza Anselmo Villar Amigo - ao lado da Casa do Pescador - ás 22:30 horas. O programa continúa durante o mes de xullo e agosto. A música tamén chega a Malpica este verán a través do seu programa
"Música na rúa" no que haberá distintas actuacións musicais ao longo de mes de xullo. A primeira é o vindeiro sábado, co pasarrúas dos gaiteiros da asociación cultural Malante polo centro da vila a partir das 21 horas.
No verán de Malpica tampouco falta, un ano máis, o
"Retablo de Fantoches Rafael Dieste" que arranca xa este sábado con "O vendedor de fume" de Ghazafellos ás 20:30horas no parque infantil da vila situado na rúa Patria Galega. Entre o 21 e o 23 de xullo terá lugar o
festival de cutametraxes Vai no mar, no que proxectarán as curtas participantes.
Agosto
O programa de verán de Malpica continúa con forza no mes de agosto. Arranca xa coa
mostra da Olería de Buño, que será do 4 ao 13 de agosto. O sábado día 5 será o
Nordestazo Rock na praia de Canido. Tamén hai lugar para as camiñatas. Así o domingo 13 de agosto realizarase o tramo do
Camiño dos Faros que vai dente o Porto de Malpica ata a praia de Barizo.
Entre o 18 e 20 de agosto celebrarase a
V feira medieval Mariñeira concidindo coa
X festa galega. Xa o 25 de agosto, será o
XVII concurso de barcanas e castelos na area de praia de Area Maior. A programación estival remata coas
Festas do Mar que se celebrarán entre o 25 e o 27 de agosto.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Concello de Malpica